- Publicado:
14 de Abril de 2014
- Categorías:Blog
- Por:admin
CONTOS POLA ZONA VELLA DE COMPOSTELA 18:30 h Dende a Igrexa de San Fiz Diante da Igrexa de San Fiz, nunha terraza, varios dos contadores e contadoras toman un café mentres chega a xente. Un dos voluntarios, Alex Braganha, vai colocando “gomets” azuis aos participantes que van chegando para escoitar a Quico Cadaval. Un nutrido grupo comeza a congregarse diante da igrexa de San Fiz. Ao fin Quico, cunha camisa vermella a cadros e o pelo alborotado, ponse diante da igrexa a falar sobre como a igrexa de San Fiz é considerada o primeiro templo de Compostela e de como alí, o ermitán Paio ve as primeiras lumínidas que indicaban o lugar exacto do sepulcro do Apóstolo. Dende a chegada dos casteláns, Paio era considerado un parvo. Quico propón cambiar de situación e dirixímonos á praza de Mazarelos. Movémonos e os coches e motos protestan ca bucina ante a indiferenza inicial do grupo. Movémonos paseniño, sen presa, polas rúas graníticas de Compostela. Na praza uns nenos e nenas xogan co patín e a pelota. Os estudantes da facultade de filosofía mirannos de esquello. Dunha terraza próxima chega o ruído da xente faladeira. Un par de estudantes cun bocadillo na man, achéganse curiosos a poñer a orella. Os ruídos da cidade molestan a escoita, pero fai que o grupo se xunte máis e poñan toda a súa atención a cada palabra que Quico di. Alí, ao lado do “símbolo do feixismo que xa se falará outro…
- Publicado:
22 de Marzo de 2014
- Categorías:Blog
- Por:admin
Esta vez tivemos que coller o coche para ir ver O Decamerón, unha particular adaptación realizada por Cándido Pazó da obra de Giovanni Boccaccio. No escenario do Auditorio da Ramallosa, un percheiro e un sillón ao que se lle poden ver as tripas, repousa baixo unha luz vermella e sobre unha alfombra redonda da mesma…
- Publicado:
22 de Marzo de 2014
- Categorías:Blog
- Por:admin
Cando chego ao pub Atlántico teño que quedar de pe. Está cheo dez minutos antes da hora. car rentals . Pili está na barra atendendo os últimos pedidos das primeiras copas ou cervexas do público que espera, falando animadamente, a María da Pontragha. Mentres, María está nas escaleiras do local, nerviosa pero sorrinte. Como xa…
- Publicado:
22 de Marzo de 2014
- Categorías:Blog
- Por:admin
Pouco antes das 19 horas vou correndo polo Obradoiro ata o edificio enfrontado espacialmente ca Catedral, o Pazo de Raxoi. A sala onde Mercedes Peón falou está na terceira planta, unha sala de madeira cunha pequena tarima, unha pantalla para as proxeccións e un estupendo piano de cola. Sobre unha mesa de cristal, uns micros…