- Publicado:
8 de Maio de 2016
- Categorías:Blog
- Por:Atlántica
- Publicado:
8 de Maio de 2016
- Categorías:Blog
- Por:Atlántica
Devecendo por se mergullar nun mar de historias, o público ateiga o Modus Vivendi nun frío mércores de marzo. Preséntasenos Marian Colina, unha inqueda moza de grandes ollos que actúa por vez primeira no Festival. Comeza a borboriñar timidamente, pero logo descubrimos que detrás da súa apariencia fráxil se agocha unha muller forte, curtida en mil…
- Publicado:
28 de Abril de 2016
- Categorías:Blog
- Por:Ana
Martes 15 de marzo de 2016 – 21:00 O segundo piso do pub Atlántico está cheo de verbas e historias que foron impregnando as súas paredes dende hai anos. O público pide unha cervexa a unha Pili atarefada que se move tras a barra con rapidez. No aire o son dunha música que ninguén está…
- Publicado:
24 de Marzo de 2016
- Categorías:Blog Contos para adultos Narradores/as participantes
- Por:Ana
Luns 14 de marzo de 2016 – 21:00 Despois de recolocar un foco para non cegar ás contadoras, éstas chegan algo tensas e expectantes. En A Senra Café todo está preparado, cadeiras e mesas orientadas cara unha pequena tarima a modo de escenario, ao fondo unha tea negra. Roberto, o dono, vai sementando saúdos e sorrisos…
- Publicado:
24 de Marzo de 2016
- Categorías:Blog
- Por:Ana
Domingo 13 de marzo de 2016 – 13:00 Foi no amplio espazo de A Nave de Vidán, saíndo cara Noia pola estrada vella, onde tomamos un vermú con dous contadores portugueses, Vitor Fernandes e Valter Peres, que se sentaron en altas cadeiras falando co resto de contadores e contadoras que estaban alí para velos. Pouco a…
- Publicado:
14 de Marzo de 2016
- Categorías:Blog
- Por:Ana
Sábado 12 de marzo do 2016 – 21:00. Os tres avisos soan ás 21:01. A luz de sala vaise apagando. Os móbiles indican onde hai xente ainda conectada ao inevitable internet. O aforo do Teatro Principal está case completo. Será Soledad, como cada ano, a encargada de presentar esta gala e aos distintos contadores e…
- Publicado:
23 de Marzo de 2015
- Categorías:Blog
- Por:Marcos
Mércores 18 de marzo de 2015 – 21:30 Media hora antes do comezo do espectáculo, chegan os alborotadores narradores e narradoras desta III edición do Festival Atlántica. Son soamente sete persoas, mais só eles coa súa troula, crean ‘ambientazo’ no pub Dado-Dadá, local que acolle moitas das sesións deste ano. Nas mesas agardan polos espectadores…
- Publicado:
23 de Marzo de 2015
- Categorías:Blog
- Por:Marcos
Martes 17 de marzo de 2015 – 21:00
- Publicado:
23 de Marzo de 2015
- Categorías:Blog
- Por:Marcos
Luns 16 de marzo de 2015 – 22:00 Fotos Mino Andrade-Amparo Portabales Máis
- Publicado:
23 de Marzo de 2015
- Categorías:Blog
- Por:Marcos
- Publicado:
19 de Marzo de 2015
- Categorías:Blog
- Por:Marcos
Luns 16 de marzo de 2015 – 20:30 h Case a entrada de Pontevea, deixando atrás a Ramallosa, está o café A Senra, onde hoxe contan Magda Labarga ás 20:30, e Celso F. Sanmartín ás 22:00. Magda fala un pouco con algunhas persoas que coñece, mentres se espera á chegada dos espectadores. Case vinte…
- Publicado:
19 de Marzo de 2015
- Categorías:Blog
- Por:Marcos
- Publicado:
18 de Marzo de 2015
- Categorías:Blog
- Por:Marcos
Domingo 15 de marzo de 2015 – 19:00 h Ó redor de cincuenta persoas reúnense en plena tarde de domingo na sala da Zona C, ubicada a carón do Museo do Pobo Galego. Pese a estar un pouco enfermo (estivo no hospital pola mañá), o narrador xaponés Yoshi Hioki, non falta á cita. Fai a…
- Publicado:
17 de Marzo de 2015
- Categorías:Blog Sen categorizar
- Por:Marcos
Sábado 14 de marzo de 2015 – 21:00 Dúas banquetas valeiras agardan por Tim Bowley e Charo Pita, a súa ‘tradutora’ oficial durante os últimos anos. Malia a estar preparados, a velada comeza con retraso debido a problemas técnicos. Non semella inconvinte para as case oitenta persoas que se desplazaron ata A Nave de Vidán…
- Publicado:
16 de Marzo de 2015
- Categorías:Blog
- Por:Marcos
Sábado 14 de marzo de 2015 – 12:00 Ás doce menos dez da mañá, a entrada da Biblioteca ‘Anxel Casal’ ten xa uns quince visitantes. Pode que sexan pequenos de estatura mais teñen un obxectivo moi concreto: Acudir á sesión de contos infantís que chega dende Vigo a Santiago. Quince minutos despois, os nenos e…
- Publicado:
16 de Marzo de 2015
- Categorías:Blog
- Por:Marcos
Sábado 14 de marzo de 2015 – 12:00 O Festival Atlántica, adoita facer sesións onde os contadores e contadoras narran historias a nenas/os en asociacións e escolas. Este sábado é no Centro Sociocultural de Santa Marta, nunha das sala na que os pequechos/as poden disfrutar dun espazo lúdico e de lectura. O contador desta mañá,…
- Publicado:
15 de Marzo de 2015
- Categorías:Blog
- Por:Marcos
Venres 13 de marzo de 2015 – 21:00 h Na pantalla do Teatro Principal unha imaxe representativa do Festival Atlántica. A xente entra buscando o seu asento nun patio de butacas que se enche, nas mans un tríptico onde se informan dos próximos espectáculos. Oense comentarios sobre o venres 13 e o desexo de pasar…
- Publicado:
14 de Marzo de 2015
- Categorías:Blog
- Por:Marcos
Xoves 12 de marzo de 2015 – 22:00 h En canto remata a función do narrador zamorano ‘Guti’, ábrense de novo as portas do pub Dado-Dadá e comeza entrar xente que leva un rato agardando na rúa Alfredo Brañas. Contrasta a pouca asistencia da sesión de contos anterior coa de agora. A xente inunda o…
- Publicado:
13 de Marzo de 2015
- Categorías:Blog
- Por:Marcos
Xoves 12 de marzo de 2015 – 20:30 h Debe haber ganas de contos e de historias. Dez minutos antes da hora de inicio do espectáculo, a xente está xa a mercar entradas e ocupar cadeiras no pub Dado-Dadá, unha das novas sedes do Festival Atlántica este 2015. Entre o público hai bastantes asiduos ó…
- Publicado:
14 de Abril de 2014
- Categorías:Blog
- Por:admin
CONTOS POLA ZONA VELLA DE COMPOSTELA 18:30 h Dende a Igrexa de San Fiz Diante da Igrexa de San Fiz, nunha terraza, varios dos contadores e contadoras toman un café mentres chega a xente. Un dos voluntarios, Alex Braganha, vai colocando “gomets” azuis aos participantes que van chegando para escoitar a Quico Cadaval. Un nutrido grupo comeza a congregarse diante da igrexa de San Fiz. Ao fin Quico, cunha camisa vermella a cadros e o pelo alborotado, ponse diante da igrexa a falar sobre como a igrexa de San Fiz é considerada o primeiro templo de Compostela e de como alí, o ermitán Paio ve as primeiras lumínidas que indicaban o lugar exacto do sepulcro do Apóstolo. Dende a chegada dos casteláns, Paio era considerado un parvo. Quico propón cambiar de situación e dirixímonos á praza de Mazarelos. Movémonos e os coches e motos protestan ca bucina ante a indiferenza inicial do grupo. Movémonos paseniño, sen presa, polas rúas graníticas de Compostela. Na praza uns nenos e nenas xogan co patín e a pelota. Os estudantes da facultade de filosofía mirannos de esquello. Dunha terraza próxima chega o ruído da xente faladeira. Un par de estudantes cun bocadillo na man, achéganse curiosos a poñer a orella. Os ruídos da cidade molestan a escoita, pero fai que o grupo se xunte máis e poñan toda a súa atención a cada palabra que Quico di. Alí, ao lado do “símbolo do feixismo que xa se falará outro…