Blog

  • Publicado:

    14 de Marzo de 2016

  • Categorías:Blog

Sábado 12 de marzo do 2016 – 21:00.

Os tres avisos soan ás 21:01. A luz de sala vaise apagando. Os móbiles indican onde hai xente ainda conectada ao inevitable internet. O aforo do Teatro Principal está case completo.

Será Soledad, como cada ano, a encargada de presentar esta gala e aos distintos contadores e contadores que deleitarán a un público entregado.

A narradora entra no escenario cando a luz do mesmo sube e o público pode ver a un pequeno nos seus brazos. Ela fala da necesidade de novas caracolas, de novos ouvidos para escoitar historias, novos raparigos e raparigas como Antonio, o rapaz curioso e tranquilo que ten nos brazos.

25147184034_4d3d28c949_o

Comenta como pola mañá foi a primeira vez que no festival contouse en linguaxe de signos e oral, como as historias buscan outras vías para a comunicación, como as mans poden crear e expresarse.

Para toda aquela xente que non puido ir pola mañá ao Museo do Pobo Galego, presenta a Caxoto e Gema Santos (Galicia) que contan unha pequena historia signando e falando.

                                                    Caxoto e Gema Santos

Vitor Fernandes (Trás-Os-Montes) cun chaleque e unha cadea de reloxo fai sorrir ao público co seu inxenio e os seus pícaros contos.

                                                                              Vitor Fernándes

Raquel Queizás (Galicia) fala do polbo que adorna este ano o cartel de Atlántica e as aventuras nunha ola onde se preparaba. Logo comeza a contar unha historia tradicional cunha fermosa e loira moura.

                                                             25129800774_628542310d_o

“Non é conto que é verdade”

Valter Péres (Azores) fala de que as Azores son nove illas que se consideran relacionadas cas lendas de Atlántida, amosa o reloxo que Soledad Felloza lle fixo poñer polo seu costume de alongarse, e comeza a súa contada con un “Eu non vín, dixéronme”.

                                                                     Valter Peres

Soledad saca da man a Ángeles Goás (Galicia) e pide que a traten ben porque estase estreando na arte de contar. Ángeles entra nun tema común para moita parte do público, que comeza a sorrir e logo a rir cando fala da súa primeira comunión e os medos que tiña ante a Hostia consagrada e eses feitos que nos parecían pecados inconfesables a unha idade tan temprana como os sete anos.

                                                                                                   Ángeles Goás

Carolina Rueda (Colombia), ao parecer, non puido chegar á gala, así que se pon dela un audio para abrir boca, que chega a pouco, un audio onde fala dunha perversión sobre un carniceiro.

Ana Sofía Paiva (Lisboa) comeza cantando un fado que nos transporta a unha triste historia de amor, que non despertou risos, pero si a atención dun público que bruscamente foi sacado dun mundo que comezaba a vislumbrar, cando o conto acabou.

Ana Sofía Paiva

Aldo Méndez (Meneses, Cuba) comeza con un rotundo: “Las confesiones no me van” e dí que se considera un marxista pop. A partir de aquí crea un realismo máxico co seu primeiro amor aos 7 anos, Ana. As risas volven, pero cun algo triste pola crúa realidade que se ve na súa historia, a diferencia de clases.

                                                                                                           25135146174_f152b65422_o

Claudia Beatriz Carvalho Fonseca (Río de Janeiro) porta unha cadeira, senta nela, deixa un pano no chan e as gafas enriba e canta un conto. O público repite compracido o estribillo da canción: “Viola, fúria, amor, diñeiro não”

Claudia Beatriz Carvalho Fonseca

As luces da sala suben, as cabezas asoman polos palcos do teatro, cando unha voz comeza a cantar dende o pasillo central do patio de butacas. Cucha del Águila (Perú) camiña descalza, co pelo solto. Xa sobre o escenario, fala dun mundo de cinzas, un mundo primixenio que imaxinamos gris. Logo pide unha música de fondo que acompaña a súa narración no que fala das runamulas, unhas mulleres centauro que pertencen ás lendas da Amazonía.

                                                                       Cucha del Águila

“Ella se sabe amante, compañera, poeta de todos los senderos infinitos del amor”

Celso Fdez Sanmartín (Galicia) entra ca súa calma a que nos ten acostumad@s. O público percíbese coñecedor das mañas deste narrador, porque sorrín ante os seus silencios. Celso comeza preguntando se alguen vai para Lalín, que logo tiña que volver. O público rí co seu modo tan persoal de contar as cousas.

                                                              Celso F. Sanmartín

Por último, Quico Cadaval (Galicia) fala dos “serenos” que desapareceron no ´82 e conta algunhas das historias do último “sereno” de Ferrol, Suárez, de paso que fala das fórmulas que se usan na narración oral. Mais o seu último conto deixou un certo malestar nalgunhas persoas do público, mentres que outras, máis afeitas ao humor negro de Quico, amosan un pequeno e cómplice sorriso.

                                                                                                     Quico Cadaval

Todas as narradoras e narradores de Atlántica 2016

                                Gala inaugural Atlántica 2016

Foto: Mino Andrade e Amparo Portabales – Texto: Ana Ponte

<iframe width=”640″ height=”360″ src=”https://www.youtube.com/embed/CVPksqjPoTI” frameborder=”0″ allowfullscreen></iframe>