Blog

  • Publicado:

    7 de Marzo de 2013

  • Categorías:Blog

Banda_01

En Atlántica ímonos sumar á celebración do 8 de marzo cun evento moi especial: Reunirmos o maior número de narradores e narradoras posibles e subilos ao escenario do Teatro Principal para que as mulleres sexan voces e protagonistas das súas historias.

Queres saber quen vai estar? Pois a nómina é ben cumprida. Entre outros contaremos con Felipe Díaz Caxoto, Fátima Fernández, Charo Pita, María da Pontragha, Pedro Brandariz, Quico Cadaval, Paula Carballeira, Raquel Queizás, Celso Fernández, Avelino González, Cándido Pazó e Soledad Felloza. Unha oportunidade única para poder escoitar nunha soa sesión os grandes nomes que Atlántica vos trae nesta edición.

Agardamos por vós mañá venres 8 ás 21:00 horas no Principal. As entradas están á venda no propio despacho de billetes do teatro por 8 €, 6 € se mercástedes un bono-aforro.