Blog

  • Publicado:

    26 de Febreiro de 2013

  • Categorías:Blog

Como anunciamos onte, esta mañá presentámonos aos medios rodeados dos libros e as historias que acubilla a Biblioteca América, no Pazo de Fonseca, da man de Soledad Felloza, directora do festival, acompañada doutros dous piares da narración desta cidade e do propio festival: o contador Quico Cadaval e Pilar Fernández, xerente e programadora do pub Atlántico.
Queremosvos deixar coas palabras que Soledad gardou este sábado no Sombreiro de Merlín, o programa literario da Radio Obradoiro, e emprazarvos esta noite ao Atlántico para escoitar a contada pre-festival de Cándido Pazó.

Entrevista no Sombreiro de Merlin