Blog

  • Publicado:

    14 de Marzo de 2013

  • Categorías:Blog

Seguimos a recibir e a compartir aportacións do público de Atlántica, desta volta da contada de Paula Carballeira. Grazas, Ángeles!

Onte, no Atlántico fixemos unha viaxe incrible. Viaxamos de Occidente a Oriente, para una vez alí, poñer pés en terra Xaponesa. Paseamos pola vida e pola morte, con medo e tamén con risas e fomos capaces de sentir o sopro dunha pantasma na caluga. Todo isto foi posible da man de Paula Carballeira, unha muller fonte inesgotable de historias, que fai dos seus recursos unha arte e que hipnotiza coas súas palabras. Ela é capaz de ofrecerche as imaxes que precisas para dar realidade ao espazo no que se moven os protagonistas das súas historias, e fai que a eles tamén os poidas ver tal e como son. Despois diso só cabe gozar e deixarse acompañar polos ritmos das súas verbas que van e veñen, que corren que se matan, que saben acougar, que berran e calan e que cando calan…, tamén falan.
Onte, no Atlántico foi posible experimentar a relatividade do tempo, “non sei se isto vos pasou algunha vez…”

Ángeles Goás.