Entradas

BILLETEIRAS

  •    Na sede do Festival (Pub Atlántico. Rúa Fonte de S. Miguel, nº 4) estarán á venda as entradas para todos os eventos do Festival, agás entradas do Teatro Principal, a partir do día 4 de marzo, así como os bonos-aforro. O horario de atención ao público será de 12.00 a 14:00 h. e de 19:00 a 22:00 h.
  •   As entradas para a gala do 8 de marzo pódense mercar xa no Teatro Principal no seu horario habitual de billeteira (Martes a sábados de 18:00 a 21:00 h.)
  •   Podedes mercar as entradas para a función do día 15 de marzo da Sala Mozart do Auditorio de Galicia,no Teatro Principal e no pub Atlántico dende o martes 12, no seus respectivos horarios, e o mesmo día da función, na xanela do Auditorio dende as 18:00 h. ata 15 minutos antes da mesma.
  • Para información sobre as entradas das funcións no Salón Teatro do día 16 de marzo, chama ao teléfono 635 952 820.

 

 

 

 

PREZOS

  •   Entradas para as funcións nos Locais (Pub Atlántico, Borriquita de Belem, Casa dasa Crechas e Modus Vivendi): 5 €
  •   Entradas para a visita guiada “Santiago e a última cruzada”: 5 €. 30 prazas.
  •   Bono aforro: 40 € se mercas 10 entradas (non nominais)
    Se presentas o teu bono-aforro ao mercar entradas para os teatros terás un desconto de 2 €

    Entradas para as funcións de adultos nos teatros e para Abastos 2.0: 8 €
    (As funcións do Abastos inclúen 1 viño + 1 tapa)
  •   Entradas para as sesións de bebés e infantís: 5 €
    Bono aforro: 18 € se mercas 6 entradas. O bono-aforro infantil tamén da dereito a un desconto de 2€ na compra de entradas para as galas teatrais.

  •   Obradoiros de narración Espertares a cargo de José Campanari:
    1 obradoiro (1 día): 20 €
    2 obradoiros (2 días): 30 €

Reservas: Telf: 635 952 820 / festivalatlantica@gmail.com.

Nota importante: non se permitirá o acceso aos espazos de actuación unha vez comezada a función.