Blog

  • Publicado:

    15 de Febreiro de 2013

  • Categorías:Blog

Un laboratorio é un espazo para explorar, para cometer erros e aprender deles e tamén dos acertos. Un espazo aberto á reflexión dende a acción.

Alguén conta aos demais algo que aconteceu, que lle contaron, que viu, que viviu. Isto pertence ao cotián. Pero, que sucede cando este se desenvolve como arte ou oficio?

Estes dous laboratorios breves son un lugar de encontro e de reflexión (dende a práctica) sobre algún dos elementos fundamentais á hora de prepararse para contar unha historia de viva voz fóra do ámbito habitual.

Aquí podes descargar o  dossier completo do curso