Blog

  • Publicado:

    20 de Marzo de 2013

  • Categorías:Blog

12 de marzo. 20:30 en Abastos 2.0

Co frío no corpo (esa noite nevou) chegeui ó Abastos 2.0.

Entrei no local caldeado e agradable, que esperaba pola clientela. Nunha mesa, ó ladiño da entrada, unhas botellas de viño branco e unhas copas que se van repartindo entre os espectadores que enchen rápidamente o local.

Decídese que os pinchos se repartan antes do espectáculo e a xente colleos con curiosidade das bandexas de pizarra que un camareiro vai repartindo polo lugar. Acábanse pronto os petiscos de mexilóns cubertos por unha saborosa salsa alaranxada.

Baixo o foco do local, Quico Cadaval, está preparado para comezar. E comeza falando da súa infancia en Ribeira, da súa estimada Presenta ou María Presentación do Señor Xesucristo no Templo de Xerusalen, dos recados que a súa nai lle pedía que fixera e nos que solía rematar nunha taberna onde, entre chiquito e chiquito, había moitas discusións.

Nun destes recados, sendo el un meniño, rematou na escoita dunha destas disputas entre os que defendían que os cans tiñan alma, case todos cazadores, e os que dicían que non, a maioría mariñeiros.

As risas crecen entre o público a medida que Quico Cadaval fala do seu pai (moi experto en cans), de Lucanor (un gran danés pertencente a unha florista) e dos contos e historias que tanto un grupo coma o outro usaban para defender as súas posturas.

Despois de vinte minutos de descanso para volver petiscar algo (claro, tanto falar de comida) e de tomar outra copa de viño, Quico Cadaval pon o seu broche final dando unha receita dunha empanada de xoubas que a súa nai lle contou polo teléfono. E lembrade, non lle choredes nin ó aceite, nin á cebola.

Ana Ponte.