Quen vai estar?

Blanca Calvo

Licenciada en Filosofía e Letras e directora da Biblioteca Pública do Estado en Guadalaxara desde 1981. Fundadora do Seminario de Literatura Infantil e Xuvenil de Guadalaxara (SLIJGu) en 1982. O SLIJGu organizou os Primeiros Encontros Nacionais de Animación á Lectura (1984-1996) e encargouse da publicación Atiza!, excelente revista de animación á lectura moitos de cuxos artigos seguen tendo vixencia. Na actualidade o SLIJGu organiza (Xunto coa BPE en Guadalaxara) o Maratón dos Contos de Guadalaxara (desde 1992) e a actividade dos venres dos contos (desde 1994).
Importa destacar tamén o seu labor no nacemento e difusión dos Clubs de Lectura en España, así como a súa loita contra o Canon polo préstamo en bibliotecas públicas. Participou en innumerables xornadas, encontros, cursos, talleres e conferencias sobre animación á lectura. Tamén publicou varios artigos sobre este tema.
É, sen dúbida, unha das grandes defensoras e promotoras da narración oral e unha das responsables de que este oficio se asentase e consolidado en España.