Quen vai estar?

Mª Luz Corral Uzal

Diplomada en Ensino Primario, Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela.
Bibliotecaria Municipal do Concello de Oleiros desde o ano 1987. Dirixe o Sistema de Bibliotecas Públicas do devandito Concello. Coordina diversas Publicacións e Boletíns. Foi membro da Directiva de Galix, Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil. Nos últimos anos, a actividade desenvolvida nas Bibliotecas de Oleiros foi destacada a nivel nacional con mencións e Primeiros Premios da María Moliner.