Quen vai estar?

Pedro Brandariz

Pois Pedro Brandariz é un dos cómicos galegos máis emerxentes. Actor, clown, monologuista, contacontos, cabareteiro … Brandariz aborda o humor dende moi diferentes eidos: narración oral, teatro, clown, cabaré …

Este artista “polipatético” ten un amplo curriculum teatral. Procede do mundo do clown (modalidade teatral que pon en práctica en diferentes compañías) aínda que ten traballado en compañías de teatro máis clásico, teatro
infantil, etc. Tamén ten participado en espectáculos de cabaré e sobre todo como “conteiro” (monologuista por se non se entende). E esto non remata aquí pois tamén participou en varias curtas de cinema.

Na súa formación ten traballado cos mellores mestres do clown: Leo Bassi, Carlo Colombaioni, Eric de Bont, Jango Edwards e Peter Ercolano, Loco Brusca, Elliot, Michael Dallaire, Antón Valén, Andrés del Bosque, Carles
Montoliu …

En definitiva, un actor que bebe de fontes teatrais moi diversas para ofrecer espéctaculos no que se mesturan todas esas variedades.

Na actualidade podemos velo polos garitos e teatriños da xeografía galega actuando como conteiro ou cos seus espectáculos persoais. Ademáis traballa en media ducia de compañías teatrais e ten participado en varias producións audiovisuais.