Blog

  • Publicado:

    20 de Marzo de 2013

  • Categorías:Blog

12 de marzo. 22:30 no Atlántico.

Tim Bowley e Charo Pita sentan en cadansúa cadeira alta, moi propias da barra do Atlántico.

Tim lembra que fai 25 anos contou alí mesmo, un piso máis abaixo, e que se sinte moi honrado de volver a facelo. Charo lembra os 6 anos que leva traballando con Tim e fai unha mención especial a anterior compañeira de Tim, Casilda Regueira. De feito, unha foto na parede do Atlántico, amosa a un Tim Bowley con menos canas, pero co mesmo espíritu… ¡e coa mesma camisa!

Despois dos aplausos dos nostálxicos e nostálxicas que lembran aquela época, Charo e Tim dispóñense a contar.

A long, long time…

Ca voz cadenciosa de Tim Bowley viaxamos pola Inglaterra antiga e pola África misteriosa, mentres a voz suave de Charo ía traducindo as súas palabras. Ambos, coordinados, chegaban a facer os mesmos xestos creando unha marabillosa dualidade que conseguían sacar máis dun sorriso entre o público presente.

Como na sesión anterior Charo Pita animouse a cantar, pero esta vez cantou unha complicada canción esquimó. Facéndonos viaxar entre os dous, unha vez máis, a un lugar lonxan e descoñecido, a lendas e contos tradicionais doutras latitudes e a un imaxinario diferente, pero non por iso estrano.

Ana Ponte.