Doazóns

Nesta terceira edición do Festival Atlántica, precisamos dos ventos de todos para poder chegar a porto.

Se es dos amantes dos contos e estás lonxe, se non podes vir, ou se podes pero pensas que os contos son algo que debe guiar como un faro a todos aqueles que se achegan ao calor das historias, precisámoste.

O procedemento é moi sinxelo:

Merca unha entrada na Fila 0 do Festival Atlántica
Podes recollela a partir do día 9 de marzo na Librería Couceiro ou durante os espectáculos.

Ou fai un ingreso na conta do BBVA
IBAN ES9301825920540201591589
Concepto: “Doazón Festival Atlántica” e o teu nome ou seudónimo

Mándanos un correo co teu enderezo a festivalatlantica@gmail.com e recibirás a nosa chapa e o número para o sorteo dos agasallos que amablemente doaron os nosos amigos de Parada das Bestas, Casa Marcelo e A Curtidoría

fila_cero_web