Entradas

 

BILLETEIRAS

  • Podedes mercar as entradas para os eventos do Festival* na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) a partir do luns 9 de marzo.
    O horario de atención ao público será de 12.00 a 14:00 h. e de 18.30 a 20.30 h., e desde o 12 de marzo, só en horario de mañá.
    Tamén se poden mercar nos propios locais media hora entes de cada función.

*Excepto as funcións do Teatro Principal e da Zona C.
  •  As entradas para as funcións da Zona C e do Teatro Principal pódense mercar na billeteira do Principal.

PREZOS

  • Entradas para as funcións nos locais (Dado Dadá, A Nave de Vidán, Club La Radio, A Senra Café, Museo do Pobo Galego): 6 €

  • Nas noites de sesión dobre (día 12 no Dado Dadá, luns 16 en A Senra Café e xoves 19 no Museo do Pobo e a Nave de Vidán) se mercas entradas para os dous espectáculos dese día pagas 10 euros.

  • Entradas da Zona C: 6 €

  • Entradas do Teatro Principal- Noite Negra: 10 €

  • Entradas para Tim Bowley- Charo Pita e convidados na Nave de Vidán. 8 €

 Nota importante: non se permitirá o acceso aos espazos de actuación unha vez comezada a función.