Quen vai estar?

Ana Lage

Nacida en 1966, córrelle o Miño nas veas. Iniciou o seu percorrido profesional como artista plástica en calidade de ilustradora de interiores.
En 2005 inicia a actividade profesional como Narradora Oral, tendo cursado con narradores como Tim Bowley, Pep Duran, Estrella Ortiz, Ana Garcia Castellano, Pep Bruno, Rodolfo Castro, Michael Harvey, Bonniface O’Fogo, Cristina Taquelim, Mafalda Milhões, Dora Batalim, Cristina Paiva, Maria do Céu Guerra entre moitos outros.
Fai un posgrao en Libro Infantil na Universidade Católica de Lisboa. Participa en festivais de narración como Palavras Andarilhas, História Estória, Ondas de Contos, Festival Internacional Histórias de Ida e Volta, Festival Contando Cuentos (Salamanca) entre outros. Conta con regularidade en bibliotecas, escolas, hospitais e prisións.
Desenvolve actualmente o proxecto de sua autoría “Enredos, Enredilhos e Outros Sarilhos…”, que estabelece relacións entre os lectores e a lectura usando as redes sociais como plataforma virtual de contacto, proxecto que contou co apoio da Fundação Calouste Gulbenkian e se artella coa rede de bibliotecas públicas.
Promove obradoiros de artes plásticas para mozos en situación de risco en colaboración con ONGs de caracter social, onde cruza a oralidade coa expresión visual e plástica. Desenvolve tamén traballos como monitora de danzas tradicionais portuguesas.
Desde que se iniciou nas lides da narración oral, ilustra o interior de quen a escoita con palabras esculpidas polo tempo. É no texto tradicional onde atopa a súa casa, matizandoa de cando en vez con textos de autor. Nesa casa que é o seu repertorio, acolle todos os públicos en sesións pensadas para o obxectivo a que se destinan.