Quen vai estar?

Avelino González

Actor, contador, traductor, director.
Traballo en teatro, televisión, cine e bares. En compañías como “Ollomoltranvía”, en espectáculos como “Commedia”, en películas como “Heroína” ou “Gallego” en series de televisión como “Padre Casares”, “Cuéntame”, “Hopital Central”… e fun premiado con varios “Premios María Casares” polos traballos teatrais.
Cos contos xa percorrín Europa (Polonia, Alemania, Suíza…) saltei o Atlántico (Cuba), e toda a península, claro.
Fixen dous espectáculos de contos para teatros. Un deles “Vento mareiro” foi o espectáculo máis representado en Galicia no 2005 e recibíu o “Premio María Casares a Mellor Música Orixinal”
De teatros a bares, da gran pantalla á pequena (a da tele, e tamén a do ordenador). Pode parecer moita cousa e moi distinta, en realidade é a mesma cousa: Contar ou axudar a contar as de outros en distintos formatos.

 

“Historias tenras e canallas”
As historias están aí, con nós. Son historias que cando as vivimos non lles damos importancia, pero cando nolas contan… Historias tenras e canallas. Como somos calquera de nós, e tan ridículos… cando nos poñemos serios!