Quen vai estar?

Magda Labarga

Magda naceu sen decatarse e logo, como nacera, aprendeu a falar. Colleulle gusto, ao de ter nacido pero sobre todo ao de falar… Tanto que se buscou un oficio que lle permitira facelo. Por iso conta historias, por ter nacido e polo gusto de contar cousas.
Leva contando moitos anos e falando, toda a vida. É narradora oral, directora, autora de teatro e relatos. Conta historias dende fai máis de 20 anos e contando percorreu media España, medio Perú e trociños anaquiños de México, Colombia, Chile, Arxentina, Cuba e Portugal.

 

“Hablar con extraños”
De nena dixéronme que non debía falar con extraños. Por esixencias profesionais iso é exactamente o que fago. Por iso podo afirmar que a xente non é tan extraña cando a coñeces, ou si, pero rematas por acostumarte. Quizais ata lle colles gusto, e será por iso que nas historias que conto hai máis dun rariño, máis dunha rariña, comezando por min ,que tamén teño as miñas manías.
Xa o dixo Caetano Veloso: Visto de cerca, ninguén é normal. Hablar con eXtRaÑos é un espectáculo de narración oral para público adulto de Magda Labarga.