Quen vai estar?

Membros do CIOV

A creación do CIOV (Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo) xorde como piar para a recuperación da tradición oral na cidade de Vigo. Dito centro acolle os novos modelos de transmisión da oralidade: cursos, obradoiros, creación de metodoloxías, organización de certames… Para iso conta coa colaboración, por unha banda, de contadores e contadoras de longa traxectoria, como Avelino González, Cándido Pazó, Ana Carreira… quen apoiarán a sección de lendas e contos do CIOV.
Xa daquela, o CIOV nace co obxectivo de pór en valor o traballo realizado até agora e o legado patrimonial e cultural da literatura oral así como de transmitilo e de aglutinar novos xeitos de improvisación oral na lingua de noso.
Fátima Iglesia, Mani Braga e Miro Sieiro, Kike Estévez, Lucía Alonso e Maica Álvarez.