Quen vai estar?

Patricia McGill

Narradora nacida en Uruguai, que vive a cabalo entre Barcelona e La Segarra. Os seus antepasados chegaron de Brasil, Arxentina, Escocia, Italia… Durante a súa infancia, viaxou dun país a outro e así foi como coñeceu o catalán e o sueco. E dos seus xa vellos vinilos de música brasileña e jazz aprendeu o portugués e o inglés. Pouco a pouco, o son das palabras e o seu silencio levarona ás historias.

Licenciouse como actriz na Escola Multidisciplinaria de Arte Dramático Margarita Xirgu de Montevideo, e cultivou outras artes como canto, danza clásica e contemporánea, expresión corporal e pantomima. Hoxe tenta mergullarse sempre que pode na arte de narrar historias.

 

“Miradas con Eco”

Miradas lanzadas ao vacío, perdidas, encontradas. Miradas de adeus, consoladoras e desconsoladas. Miradas que fuxiron de reollo cara o veciño, ou quedaron quedas no xusto centro dunha barriga inmensa. Eco de miradas que non están. Voz e palabras.

Miradas que contan.