Quen vai estar?

Paula Carballeira

Paula Carballeira naceu en Maniños, foi estudar Filoloxía a Santiago de Compostela, foi contar historias como profesional da narración oral por toda Galiza e parte do estranxeiro (Europa, América do Sur, África), foi representar obras de teatro coa compañía Berrobambán e con outras compañías alí onde se requerise a súa presenza como actriz ou directora, foi traballar na Televisión de Galicia en programas e series de ficción. Actualmente, segue contando historias, insiste en facer teatro, e leva máis de vinte libros publicados, máis de vinte libros escritos e moitos máis de vinte libros imaxinados.

Para esta edición de Atlántica, Paula nos propón dúas fermosas historias:
Contos de dragóns e de leóns
De cando en vez, un dragón esperta do seu sono. Pode saír de dentro da terra ou de debaixo do mar, pero o máis seguro é que esperte con fame, así que prepárate para ser máis listo ou máis lista ca el. Cos leóns, non hai que perder a calma. Polo xeral, só viven en África, pero hai quen ten topado leóns na China, coma aquel vello leñador que ten unha fermosa historia…

Contos para perder os medos
Primeiro hai que saber como é o medo, se é grande ou pequeno, se só aparece na escuridade ou tamén te colle por sorpresa. Despois, abonda con mirar o medo de fronte e rir, rir bem forte. Estas tres historias recollidas da tradición galega, africana e do leste de Europa contan como a miúdo a ternura e o humor son as mellores armas contra o que nos asusta.