Quen vai estar?

Pepo Suevos

Humor Salvaxe

Espectáculo de humor altamente corrosivo, onde non vai quedar títere con cabeza. O protagonista do mesmo destaca por unha posta en escena moi enérxica e nada delicada, raiando incluso no macarra. O que está claro é que, para ben ou para mal, ninguén que o vexa queda indiferente. Un economista descarriado procedente de Ferrol, que trocou o de manipular os números por montalos, e o de endosar as letras por escribilas. Como ten que ser de bo o tipo para seguir vivindo disto co seu físico!!!