Quen vai estar?

Rafa Quintía

Nado en Vigo no ano 1971. Licenciado en Antropoloxía Social e Cultural, Licenciado en Ciencias Empresariais, escritor e músico tradicional. É membro fundador e presidente da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) e membro fundador da asociación cultural e grupo de música tradicional Os Chichisos. Tamén foi membro fundador do Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca.
Autor de incontables libros e artigos sobre tradición oral, é un divulgador imprescindible na cultura de Galicia.