Quen vai estar?

Yoshi Hioki

Residente en Barcelona dende 1991. Desenvolve diversas actividades como conferenciante e docente das actividades culturais para o Museo Etnolóxico de Barcelona e a Casa Asia. Dende sempre fascináballe ler e escoitar os contos pero o encuentro ca narradora mexicana Martha Escudero, empuxoulle ao mundo deste espectáculo. Así, dende 1999 adícase a contar principalmente contos, mitos,lendas e relatos literarios de todas as épocas do seu país, Xapón.
Os contos tradicionais de Xapón son de temas e aspectos diversos. Dos campesiños de arrozais aos nobres da corte imperial, dos animais e dos monstros.
Unha sesión de contos con moitas interaccións por parte do narrador onde o público non só escoitará as historias do país do extremo oriente senon participará, cantará e aprenderá acerca dos costumes e a cultura do Xapón.

 

“Contos populares do Xapón”
Yoshi Hioki sinte como complementarias as suas actividades narrativas e pictóricas: “Neve, chuvia e unha flor de camelia… Os contos xaponeses son pinturas feitas polas palabras e o silencio. Pinturas que reflexan a alegría e a tristeza da vida mesma”.