Quen vai estar?

Aldo Méndez

Adícase dende 1991 á animación sociocultural e á promoción cultural en diferentes ámbitos.

Profesor colaborador da escola de Escritores Alonso Quijano e fundador do proxecto Escuela de Oralidad, leva impartido numerosos cursos, obradoiros e seminarios relacionados coa acción cultural. Dende 1994 exerce a narración oral, actividade que ven desenrolando en diferentes rexións de: España, Francia, Cuba, Venezuela, Costa Rica, Colombia, Ecuador, Argentina, Chile, Perú, Uruguai, Brasil e México.

Ten asesorado proxectos de interculturalidade en países do norte africano como formador e leva realizado obradoiros con nenos e nenas en Tunisia e Marrocos.

Foi guionista, director e condutor de programas de radio para nenos e mozos en Cuba e tivo un espazo habitual de narración oral en Onda Cero Radio, Cidade Real.

Traballou para a rede de bibliotecas das comunidades de Castela A Mancha, Madrid, Aragón e Andalucía, con esta última, a través do Centro Andaluz de las Letras, ten presentado os seus espectáculos en Festivais de Oralidade de toda España.

Realiza cursos de formación para docentes e escolas de pais e nais en diferentes provincias españolas.

Participou como narrador do programa “La llegada del otro…”, do Instituto Internacional de Teatro do Mediterráneo e foi coordinador del para Castela A Mancha.

Ten impartido cursos, obradoiros e seminarios para a Facultade de Educación da Universidade de Castela A Mancha, en Cidade Real e colabora, como profesor e coordinador de talleres, en programas de ciclos formativos en diferentes centros.

Tamén ten colaborado con programas de centros de Profesores de España e coordinado clubes de lectura para adultos en diferentes poboacións de Cidade Real. Foi profesor e deseñador do taller permanente de narración oral da Biblioteca Provincial de Cidade Real.

Colabora con diferentes asociacións en programas de divulgación: AMUMA, ALCER, FISENSI, etc.

Produtor dos discos “Cuentos y canciones de navidad” I y II con persoas con discapacidade psíquica da Asociación Más Vale Trocar; deseñador e xestor da exposición de pintura “Del color a la poesía”, de persoas con discapacidade e participou na concepción e deseño do libro “Cuentos fantásticos”, da Biblioteca Pública do Estado en Cidade Real.

Foi recoñecido pola Junta de Comunidades de Castilla la Mancha pola súa destacada actividade na área de animación á lectura en Centros educativos da rexión no ano 2007.

Participou no deseño e programación do festival de Narración Oral “De Palabra” na feira rexional do libro de Castela A Mancha

Narrador dos Programas de viaxes educativas da Consejería de Educación de Castela A Mancha e colaborador do xornal dixital Objetivo Castilla la Mancha