Quen vai estar?

Ana Sofía Paiva

Naceu en Lisboa en 1981. Formada na Escola Superior de Teatro e Cinema, graduouse en teatro e máis tarde especializouse en Promoción e Mediación da Lectura na Universidade do Algarve. Paralelamente ao seu traballo de actriz, adícase dende 2007 á narración de contos, dentro e fóra de Portugal. É membro do Instituto de Estudos de Literatura Tradicional da Universidade Nova de Lisboa e da Cooperativa Memória Imaterial, onde traballa como investigadora, transcritora e recolectora de folclore poético e narrativo.
Di do seu traballo: “Conto narrativas da tradición oral portuguesa con breves incursións por outras partes do mundo, versións de contos, lendas, romances e cantigas que fun escoitando a moitas voces. Conto porque escoitei e conto porque hai quen escoita. Conto de vida a vida coa voz da lingua, coa voz do canto, coa voz-silencio, coa voz abrazo”