Quen vai estar?

Carlos Alba

Carlos Alba é contacontos, monologuista, actor e xornalista.
Formou parte do grupo Cháchara-Cuentacuentos (1994-2002), actuando nos máis diversos espazos, como bibliotecas, teatros, cafés-teatro e festas. Creou dous espectáculos (A aventura da lectura, con Belén Rubio, e De cor branca, con Alicia Mohíno), para a Rede de Bibliotecas da Comunidade de Madrid, enmarcándose o primeiro na animación á lectura e o segundo na educación en valores. Tamén realiza campañas escolares de apoio para as materias de llingua asturiana en colaboración con distintos concellos de Asturias.  Participou en varios festivais de Oralidade, destacando o de Santiago de Cuba, onde interpretou o espectáculo Cellero, o monologuista e contos populares de diversas recompilacións.