Quen vai estar?

Carolina Rueda

Contadora e xestora cultural; colombiana, palabradora, palabreira, verbalística ,barroca, desvergoñada, ,provocadora, explicativa, palabrante, e, no seu máis profundo sentido: armadora, arquitecta, obreira de  ferramenta, ocupa-tempo, imaxineira, e “enamoretas”.

Leva vivido a proba desta descrición en  lugares aos que se chega en todo tipo de vehículos motores e automotores. Olfativa como sabuxo, aprende segundo os públicos e os recursos da memoria. Popular como os paseos de río, as historias chegadas por distintos vieiros, técense calidamente.