Quen vai estar?

Cucha del Águila

É unha das promotoras da narración oral no Perú.

Naceu en Tingo María e viviu en diferentes poboados da Amazonía Peruana. Medrou acompañada das historias que a súa familia e os moradores vecinos narraban ao seu carón.

Entre os anos 1986 e 1990 axudou en proxectos de animación sobre o libro e a lectura en bibliotecas de barrio en Nantes (Francia), e participou como narradora en escolas, bibliotecas, espectáculos e festivais de contos.

Organiza e co-dirixe dende o ano 2000 o festival Internacional de Narración Oral “Déjame que te Cuente” en Lima, canda Marissa Amado, e dirixe dende 2006 a versión nacional do devandito Festival.

É autora e coautora de libros en Editorial Norma, Centauro, Graph Ediciones e dunha colección de contos para educación infantil publicados polo Ministerio de Educación do Perú e traducidos ao quechua, ashaninka e aymara.

Ten participado como invitada oficial en encontros e festivais de narración oral en: Arxentina, Brasil, Bolivia, Colombia, Cuba, Chile, Francia, México, Paraguai, El Salvador e Perú. E leva organizado múltiples veladas de contos en eventos familiares e institucionais en Bélxica, Canadá, España e Suiza.

Dende setembro de 2004 ata decembro de 2013 traballa de artista e xestora cultural e asemade exerce de profesora e documentalista, responsable de proxectos de animación e promoción da lectura na biblioteca Centro de Documentación do colexio Franco Peruano.

Na actualidade comparte o seu traballo artístico con asesorías en temas de oralidade – libro- lectura (s) – literatura infantil e xuvenil na Casa de la Literatura Peruana.