Quen vai estar?

David Fdez. e Ana Senra

David Fernández

Educador social e intérprete de lingua de signos. Dende 2007 vén traballando co colectivo de persoas xordas en Galicia. No ano 2012 pon en marcha xunto a Ana Miguéns a empresa galensigna, que aposta pola integración real das persoas xordas no seu contorno social a través dunha ampla oferta de servizos especializados en lingua de signos. Nestes anos galensigna ten traballado con importantes institucións, administracións públicas, empresas, asociacións e centros educativos do país.

Ana Senra

Especialista de Lingua de Signos con ampla experiencia no ámbito da formación. No ano 95 iníciase na súa faceta máis artística de elaboración e interpretación de poemas en lingua de signos, actividade que contínua desenvolvendo e que a levou a colaborar con distintos artistas como a bailarina Ánxela Pardo, músicos como o baixista Alberte Rodríguez, o guitarrista Miguel Flores, Sergio Tannus ou a cantante Uxía Senlle. No 2014 participa en Compostela no Concerto Voces de Mulleres xunto a artistas como Najla Shami ou Mónica de Nut.