Quen vai estar?

Fátima Iglesia

As historias estiveron dende sempre rebulindo polas miñas orellas ata que os ventos alisios dunha illa no medio do Atlántico os levaron á miña gorxa. De volta en Galicia, Ana Carreira e o Colectivo Lareta do CIOV (Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo) déronme folgos para comezar a liberar palabras e contos. Agora os contos saltaron ás miñas mans, porque hai tantas formas de contar coma de escoitar, acariñar as palabras cos dedos e facelas danzar é o meu reto neste benquerido Festival Atlántica.