Quen vai estar?

Gema Santos

Madrileña de nacemento, galega de adopción.

Gema Santos Custodio provén do eido educativo e da palabra signada. Cando se xunta con Caxoto xurde un espectáculo de contos inclusivo onde persoas xordas e ouvintes derruban as barreiras ó seu redor.

“Unhas gafas como as do avó” é unha proposta escénica que busca a inclusión do colectivo ouvinte no seo das persoas xordas… e viceversa. Unha viaxe a través das distintas formas de comunicación que nos conectan coas persoas do noso arredor: a imaxe, o movemento, a mirada, o xesto, a imaxinación, a empatía, a lembranza compartida, … e por suposto a palabra.

Co espectáculo “Unhas gafas como as do avó” Gema e Caxoto non só conxugan a lingua de signos coa lingua oral. Tamén conxugan dous mundos, dúas visións, dúas culturas e dous sentimentos; demostrando que por separado son moi valiosas pero xuntas son únicas.