Quen vai estar?

Marian Colina

Sempre fun tímida e de pouco falar, e algo bulebule charabiscas… Un día marchei de Madrid para ver se me espreguizaba un pouco e botei a andar polo mundo adiante. Andei 18 anos de país en país e de oficio en oficio, por aldeas e cidades, polos mares e as selvas. Non me espelín de todo, pero, se callar por ser tímida e boa escoitadora, moita xente confioume as súas historias. Foi por iso que empecei a contar: para honrar as súas vidas e a súa memoria. Entre moitas outras cousas, gústame contar sobre a xente que  marcha e que  queda, e  sobre a procura incansable de pertenza, amor, sentido, acubillo, fortuna e paraísos.