Quen vai estar?

Vero Rilo

Medrei mecida polo mar, ao saber dunha lareira, nunha desas casas do rural de mesa corrida de patrón, partida de baralla cada tarde e historias a cada momento. Unha desas casas matriarcais cheas de xente. Éramos dez: mamá, avoa, a bisavoa, a tía, a curmá, o tío, o bisavó, avó, papá e eu, unha nena calada. Logo estaban os demais.

Medrei escoitando. Escoitaba o que contaban as veciñas, as batallas de avó, o calar do bisavó, as historias da guerra da bisa e os contos duns e doutros que ían e viñan.

Xa medrada o rodar da vida levoume á docencia, eu que tantos mestres tivera, e o conto acompañoume. Descubrín o amor pola literatura infantil e comecei…comecei a contar, a contar coas mans, coa boca aberta, coa boca pechada, a contar cos ollos e coas palabras.

Medrei calando, escoitando. Agora son eu quen conta: o que leo los libros, o que sinto nalgún lugar do ser, o que contaban as veciñas, o que xa non se conta na casa, as batallas do avó e da bisa as historias. E as cosas, dun e doutros que seguen vindo e indo.