Festival Atlántica
Participantes
Programa
  • Programa infantil e familiar
  • Programa adultos
  • Atlántica 2019
    • Edición 2018
    • Edición 2017
    • Edición 2016
    • Edición 2015
    • Edición 2014
    • Edición 2013
  • Entradas
  • Equipo
  • Apoios
  • Contacto
  • Atlántica 2019
    • Edición 2018
    • Edición 2017
    • Edición 2016
    • Edición 2015
    • Edición 2014
    • Edición 2013
  • Entradas
  • Equipo
  • Apoios
  • Contacto
ATLÁNTICA

Que é Atlántica

Un vello refrán baionés chámanos á acción. As estrelas a brillar, mariñeiros para o mar. Esta chamada á acción noitarega encheu as costas do Atlántico durante milenios. Homes e nenos montando nas súas embarcacións de pau e adentrándose nun mar duro e impredecible, en plena noite fría, empapados coa luz das estrelas, na procura do seu sustento, ás veces submarino, outras en portos distantes. Agora é tempo de estrelas que brillan na noite. É tempo de botarse de novo ao mar.

Robert MacFarlane explica no seu fermoso libro The Old Ways os sendeiros imaxinarios que percorren o Atlántico europeo, das Hébridas ata Galicia, e dá conta de cal era o material máis valioso traficado entre os portos da ribeira: as historias, as infinitas variantes dos contos, levados por todos os brazos da bitácora, de norte a sur, de leste a oeste e de volta.

O festival Atlántica concibe a Galicia toda coma un porto de mil cincocentos quilómetros de pantalán, no que atracarán contadores de historias dos países que beirean o Océano Atlántico. Nestes anos contacontos de Portugal, Uruguai, Arxentina, Irlanda, Camerún, Brasil, Inglaterra, Francia… países vinculados todos eles ao mar e que fixeron do mar un dos seus máis fortes selos de identidade, chegaron a nosa terra. Galicia é coma o capacho no que se recollen as historias que van e veñen por este mar.

Atlántica 2019. Festival de Historias e Contos. Unha programación chea de historias para alumear o mundo dos nenos e a todas aquelas persoas que levan no corazón un recuncho onde aniñan os contos e lendas. Un momento de saír a escoitar, porque na noite escura sempre brillan as estrelas.

Adicado a Xabier Docampo, o primeiro “si” do Festival Atlántica

WEB ALOXADA EN
CO APOIO DE
Twitter
  • RT @bibloleiros: Mércores 24 febreiro #DíaDeRosalía HoRa Do CoNtO AuDiOvIsUaL con @SoleFelloza (para nenas-os a partir de 6 anos) +info ht…
    4 days ago
  • Este ano imos celebrar Atlántica no verán. Iso si, que ninguén pense que o Día Internacional da Narración Oral (20… https://t.co/H9patHEAwa
    11 days ago