Festival Atlántica
Participantes
Programa
  • Programa infantil e familiar
  • Programa adultos
  • Atlántica 2020
    • Edición 2019
    • Edición 2018
    • Edición 2017
    • Edición 2016
    • Edición 2015
    • Edición 2014
    • Edición 2013
  • Entradas
  • Equipo
  • Apoios
  • Contacto
  • Atlántica 2020
    • Edición 2019
    • Edición 2018
    • Edición 2017
    • Edición 2016
    • Edición 2015
    • Edición 2014
    • Edición 2013
  • Entradas
  • Equipo
  • Apoios
  • Contacto

Narradores/as

charopita
17/022020

Charo Pita

BAIXO A LÚA ÁS (hora na que se celebra a sesión) | Público adulto | 60 min
A lúa,está sempre aí observándonos coas súas mil faces. Coñece as historias dos corpos que se abalan nas sombras, as alegrías, os medos, os soños que os desvelan. A ollada, o silencio e, como non, a palabra son os protagonistas destes relatos algúns de tradición oral procedentes de distintas partes do mundo, outros da propia narradora, para gozar das noites de luar …

UNHA AVENTURA SINGULAR: O GATO CON BOTAS | Público infantil
Charo Pita será a responsable de narrar o clásico de Charles Perrault que será musicadocon composicións de Franco Cesarino. A narradora estará acompañada pola Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela e o seu director, Casiano Mouriño Maquieira. O espectáculo está recomendado para alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.

Ler máis
Santi Prego9746 - -2
17/022020

Santi Prego

O TEATRO MÁIS PEQUENO DO MUNDO | Todos os públicos | 45 min
Neste espectáculo collen todo tipo de contos: os participativos, os improvisados, os da tradición oral galega e tamén as historias con bonecos. O xeito de contar de Prego é moi visual e aliméntase principalmente de fontes literarias. Nas súas historias sempre hai maxia e poesía e nunca falta un elemento de comicidade sutil.

Ler máis
pablo diaz
17/022020

Pablo Díaz

CANTACONTOS PARA BEBÉS | Nenos entre 0 e 3 anos
Unha viaxe a través dos contos coa música como fío condutor, tratando temas e rutinas adaptadas para os máis pequenos. Para conseguilo, axudarase de instrumentos como frautas, guitarra, harmónica, e algún dos seus temas máis populares. Unha sesión relaxada onde a fantasía e a ilusión sexan as protagonistas, e na que grandes e miúdos axuden a cantar e a entoar as melodías e retrousos.

CONTANDO NÚMEROS, CANTANDO CORES | Público infantil
Ao longo da súa traxectoria profesional, Pablo Díaz decatouse do importante que é para os cativos tratar e reflexionar sobre a igualdade de oportunidades entre nenos e nenas, maiores e pequenos, equidade, e sobre todo respecto ás persoas que desde o principio das nosas vidas debemos valorar.
Para conseguir este obxectivo, o artista utilizará contos, algúns deles con música, para rematar cun pequeno concerto con cancións que versen sobre esta temática e tamén algúns dos seus temas máis populares.

Ler máis
Ruben Martinez
17/022020

Rubén Martínez

PIM PAM PUM! | Público infantil e familiar
Un convite a contar contos todos e todas. A imaxinación, o xogo, a complicidade e a re-creación son algún dos ingredientes deste espectáculo. Participación garantida!

SEN VIR A CONTO | Público adulto
Unha sesión de contos que inclúe, precisamente, esas historias que poden ser contadas só a noite do espectáculo. Nin un máis , nin un menos. Por iso o mellor e vir desprevido e desprevida. Deste xeito vostede, respectable público, terá a disposición xusta para escoitar o que se conta de verdade. Non hai máis explicación, porque sinceramente, non vén a conto

Ler máis
Noelia Carioca blog
17/022020

Noelia Carioca

CONTOS E PAPAVENTOS | Público familiar | 50 min
É un espectáculo de contos con apoio de bonecos, obxectos e instrumentos musicais que desfilarán ante un animalario para voarmos alto, alto coa imaxinación coma as cometas. Un universo de animais, poetas, de palabras bulideiras de poesía visual e de ritmos para xogar. Un espectáculo para rir, soñar e divertirse cheo de sorpresas.

ANIMALADAS | Nenos de 3 a 5 anos | 50 min
É un espectáculo de contos con apoio de bonecos e obxectos. Un dado con caras de animais e un espello máxico para descubrir historias emocionantes. Un neno que non pode durmir e conta ovellas coas que vivirá grandes aventuras. Un porquiño que quere ser outra cousa e imita a outros animais. Unha ratiña que prepara un disfraz especial. E moitas cousas máis que descubrirás.

CONTOS DE ONTE E DE HOXE | Nenos de 1º e 2º de primaria | 50 min
Narración con apoio de obxectos e instrumentos musicais. Tres historias populares: “Las habas mágicas” (As fabas máxicas), “El pollo Pelao” (O polo Pelao) e “Tío Lobo” (Tío Lobo) unidas cun fío condutor fresco e divertido. No primeiro conto, Julián (Xián) é un neno pobre que descubrirá unhas fabas máxicas que se converten nunha planta que o conducirá a un castelo. Alí enfrontarase ao xigante Patadón vivindo moitas aventuras. A continuación, o polo Pelao atopa un saquiño cheo de moedas de ouro que lle levará ao rei e polo camiño, superará situacións divertidas. Para rematar, Carmela é unha nena larpeira e mentireira que levará un susto de morte. Un espectáculo de contos para rir, con un toque de misterio e algún que outro susto.

SEN VIR A CONTO | Nenos de 3º e 4º de primaria
Un espectáculo de contos teatralizados e con máscaras. Un verán os meus pais leváronme de vacacións á casa de campo que tiñan os meus avós nunha aldea. Lembro que unha tarde a miña avoa colleume da man e levoume a unha habitación moi estraña: era o faiado. Alí atopei un baúl de madeira cheo de incribles historias.

A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS | Nenos de 5º e 6º de primaria
Espectáculo participativo de contos teatralizados. Daremos a volta ao mundo en oitenta días cos protagonistas da novela de Julio Verne. Viaxaremos en tren, en barco e mesmo montaremos nun elefante. Coñeceremos lugares como a India, Londres ou San Francisco. Pero o mellor de todo é que teremos peripecias divertidas, misteriosas e perigosas.

Ler máis
Saldaña 3
16/022020

Fernando Saldaña

O TREN | Nenos de 9 meses a 3 anos | 35 min
Un boneco está durmido. Tocou o espertador, pero non se quere erguer. Bo é que Bruxa, a súa gata, lle axuda a espreguizarse. Lávase, monta no ascensor e marcha para traballar. De camiño atopa formigas que corren e xogan. Cando está na oficina, chove a cachón. Chove tanto que saen a ras e vense peixes. Finalmente volve para a casa. Está canso e déitase mentres Bruxa pasea pola rúa.

ROBINSÓN E O SEU LORO | Nenos de 3 a 5 anos | 60 min
Un mariñeiro enfróntase a unha terrible tormenta que o fai afundirse. Chega a unha illa na que atopa un loro que o axudará a volver á casa. Espectáculo de contos con descontextualización de obxectos e algún xogo de maxia baseado en El loro de Robinson de Antonio A. Gómez.

O GATO CON BOTAS | Nenos de 6 a 8 anos | 60 min
O conto clásico narrado desde a perspectiva dun avó que porfía por que o seu neto o pase ben escoitando historias. Espectáculo de contos con descontextualización de obxectos e algún xogo de maxia.

A PANTASMA JAVIER | Nenos de 8 a 10 anos | 60 min
Na escola métense con Natalia porque é especialmente miudiña, ata que decide vingarse. Nada vai saír como tiña trazado, unha pantasma, a pantasma Javier, atravésase no seu camiño. Contos nos que, con axuda da maxia, acaecen as cousas extraordinarias que se van narrando.

A CASA INCENDIADA | Nenos de 10 a 12 anos | 60 min
Chámome Fernando e son detective privado. A violencia fíxose dono dunha vila pequena. Chamáronme para que adiviñe as razóns e, se poder, atopar unha solución ao problema. O que descoñezo é que estou a piques de entrar nun pesadelo, un mundo cargado de situacións aterradoras. Vou saber o que é o medo. E, se escoitas esta historia, ti, tamén.
Por veces, cando contaba contos “de medo” para maiores de 10 anos, notaba a decepción nas súas faces: “esta historia non mete medo”, parecían dicirme. Por iso escribín e levei a escena A casa incendiada, un espectáculo moi pensado para esas idades, na que as nenas e os nenos pasan auténtico medo. Un medo controlado, do que lles gusta. Un medo sen desculpas nin estafas enganos.

O PEIXE DE OURO | Público familiar | 60 min
Baseado no conto clásico, narra a historia de avaricia dunha familia que, tras recibir un desexo por parte dun peixe, quere máis e máis e máis.

ODIO A POESÍA | 12 a 14 anos | 55 min
Un traballo de clase sobre a poesía… Por grupos… Falta de ideas… Unha casa rural… Unha equivocación… E nace unha historia na que, a través da poesía, se denuncia o que non nos gusta neste mundo, o que (segundo di un deles) nos fai ver que vivimos nun mundo de merda. Un espectáculo moi dinámico, divertido, comprometido. Un espectáculo de Fernando Saldaña con textos de León Felipe, do romanceiro español, Quevedo, Gabriel e Galán.

A CELESTINA | Rapaces de máis de 12 anos | 55 min
Algunha vez atravesóuseche un libro? Recoñezo que eu non puiden con “La Celestina”. Sempre me pareceu un tostón, unha lectura insufrible… Ata que dei coa maneira de me enfrontar a ese texto: abondaba con sacar de data os protagonistas, con traelos ao meu século. Daquela pasou a ser unha obra divertida, chea de sorpresas e contradicións…

O NUNCA CONTADO | Público adulto | 60 min
As versións máis antigas e crueis dos contos infantís. Cincenta matou a súa madrasta. O príncipe deitouse coa Bela Dormente pensando que estaba morta, Carapuchiña foi violada polo lobo, Pinocho matou dunha mazada a Pepiño Grilo. Contos descarnados, distintos, fillos dunha época e doutro xeito de pensar.

DE ONTE A HOXE | Público adulto | 60 min
Empecei a cobrar por contar contos a mediados dos 80. No 93 decidín profesionalizarme e converter o conto no motor da miña economía, aínda que compaxinaba a miña tarefa de narrador coa de actor de teatro. A comezos dos 2000 o conto era a base do meu soldo.
Ao longo destes anos levo producido moitos espectáculos, teño narrado historias moi diferentes. “De onte a hoxe” é unha mostra das palabras que me acompañaron nestes máis de 30 anos. É o mellorciño de moitas das narracións que subín (e subo) aos escenarios.

Ler máis
Sandra araguas_1562_ihg
16/022020

Sandra Araguás

CONTOS SORPRENDENTES | Público familiar | 60 min
Que pasaría se un día comezaran a saírche pelos por toda a cara? Ou se de repente quedaras completamente calvo? Que pasaría se as cores comeran animais? Ou se o que ten moita fame fora un crocodilo? Ou se houbera contos que nunca acabaran?
Atrévete a escoitar estes contos xocosos e descubrirás unha chea de historias divertidísimas que te farán rir sen parar. Se te atreves notarás que che comeza a picar a cara e a continuación veraste convertido nun cromañón, irás vixiando ao teu arredor pola rúa á procura e captura do crocodilo lambón ou comprobarás que a túa cabeza comeza a dar voltas para saber quen está detrás da túa cor preferida.
Contos con humor, contos divertidos, contos para rir e pasar entretidos un anaco.

CONTOS TRADICIONAIS DOS PIRINEOS
A vida dos nosos días, o acceso á literatura impresa e o afastamento das persoas maiores fai que os nosos nenos e nenas non coñezan a literatura tradicional que antigamente podía ser escoitada nas cociñas das nosas aldeas. A tradición oral baixa a súa voz e os contos tradicionais xa non poden ser escoitados. Pero dentro das nosas casas, dende hai séculos, conservouse a memoria do pobo, a pequena historia, recollida en numerosos contos. Os avós atesouraban neles mesmos a creación das nosas montañas, como é a xente do Pirineo, os amores escondidos nestas vilas ou esas bruxas que polas noites os visitaban.
Con Contos tradicionais dos Pirineos algúns destes contos, case mudos, regresan para ser escoitados, gustando e entretendo como sempre a todo aquel que se deixe engaiolar polo “había unha vez…”

Ler máis
BANDA MUNICIPAL DE SANTIAGO
OSCAR CORRAL
08/10/17
26/022019

Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela

Ler máis
ramiro neira
20/022019

Ramiro Neira

Cun ollo aberto e…
Peza de narración oral de 50 minutos baseada na obra “Con ollo aberto e outro sen cerrar” de Xabier P. Docampo dirixida a nenos/as e público familiar.

Ler máis
soledad_felloza
20/022019

Soledad Felloza

O comezo do mundo | Contos para adultos
Mentres cociñamos a lume manso, contamos historias. Dende esta premisa Sole Felloza percorre o país, escoitando as mulleres. A vida, namentres, non para en ningún momento e debúllase o millo, faise a matanza ou amásase a empanada. As voces desas mulleres suben ao escenario para contar de tempos sen tempo. Do pícaro ao picante, dos vivos, dos mortos e dos que non se sabe se están vivos ou mortos, da cantiga ao pasiño de baile de chachachá. Así falan as señoras Lola, Juana, Emérita, Palmira, Otilia, Erundina e tantas outras ao carón da lareira, ao redor da cociña de ferro.
Porque as voces das mulleres saben viaxar, como ningunhas outras, da risa ao secreto, da retranca á poesía.

De Tin Marín | Contos para nenos
As palabras máxicas son as que abren as maletas cheas de historias que chegan de moitos recunchos do mundo. Unha viaxe cun pasaporte único, a imaxinación.

Ler máis
Older Entries
WEB ALOXADA EN
CO APOIO DE
Twitter
  • Grazas a ti. Que o disfrutes! https://t.co/87NCrwykJd
    3 days ago
  • @jetojun @magago @LibrariCouceiro Dende o primeiro ano do Festival, as rutas narradas pola cidade, pretenden dar vi… https://t.co/tdfWlBIrZi
    4 days ago