Quen vai estar?

Almudena Francés

Sempre tiven moitas preguntas e formuleinas en voz alta; das respostas obtiven explicacións e bonitas mentiras e eses foron os primeiros contos que me contaron. Interesoume sempre saber por que as cousas son como son; os contos ofrécenme respostas sorprendentes ademais de novas preguntas que me axudan a medrar.
Un día empecei a contar e atrapoume: poñer palabras aos feitos, narrar o inenarrable, oír o silencio e ver como o conto emerxe, repasar as miradas, ver fluír as emocións, xerar preguntas e atopar algunhas respostas.
Nos últimos 10 anos contei sobre todo en colexios e bibliotecas –moitas– e en prazas, bares, hospitais, teatros, universidades… Organicei campañas de animación lectora para concellos e bibliotecas, son unha das promotoras do “Festival de la paraula” e tamén impartín cursos sobre narración.
Vivo pensando en como transmitir a paixón pola lectura e en crear adicción aos contos, á vida.

 

La casa de Carmeta (A casa de Carmeta) | público infantil
Carmeta é unha nena valente que ás veces tamén se asusta, unha nena decidida que ás veces sente vergoña, unha nena á que lle pasan unha morea de cousas estranas, como a ti.