Quen vai estar?

Cándido Pazó

En directo, en radio e televisión, desde a Guarda a Ribadeo, desde Zamora a Alicante, Cándido Pazó é un asiduo dos locais onde se programan todo tipo de espectáculos orais: historias, contos, humor, monólogos, narracións…
Presente en numerosos eventos e festivais internacionais de oralidade de España, Portugal, Polonia, Alemaña, Bélxica, Croacia, Suíza, São Tomé e Príncipe, Colombia, Venezuela, Uruguai, Chile, Cuba, Brasil, e Arxentina.
Seleccionado polo Fórum Barcelona 2004 para facer temporada no seu espazo dedicado á oralidade.
É autor da maior parte das súas historias (inda que tamén as recolle da tradición e da literatura) e ten querencia polo chamado conto tabernario ou de tertulia: enfiados de anécdotas, sucesos e personaxes dos que demostran que a realidade supera á ficción.