Quen vai estar?

Charo Pita

Chámanme Charo Pita. Nacín á idade de seis anos cando rematei de ler o meu primerio libro. Desde ese día a miña idade foise adaptando ata facerme sentir contemporánea de todo o mundo.

Resulta difícil dicer algo sobre min agás que sempre estou a medio camiño: nin adulta nin nena, nin gorda nin fraca, nin loira nin morena, nin india nin vaqueira, nin de aquí nin de alá, unha salvaxe apaciblel, entre o po da viaxe e a modorra dunha butaca vella, unhas veces coa palabra na boca, outras coa música.

O meu traballo como narradora abarca diversas áreas do fabuloso, conto tanto para nenos como para adultos. Tamén imparto obradoiros de narración.