Quen vai estar?

Claudia Fonseca

Claudia Fonseca naceu no Río de Janeiro, mais ten as súas raíces no nordeste de Brasil e de alí vén a súa voz de contadora. Vive en Portugal hai vinte anos, país onde se fixo psicoterapeuta e narradora oral hai xa uns bos anos. Investigadora do IELT – Instituto de Estudos de Literatura Tradicional, fai doutoramento en Estudos Culturais, traballando entre a psicanálise e a narración. Desenvolve actividades no ámbito da narración oral, mediación de lectura e programación, en contextos moi diversos. Participou en moitos encontros e festivais, dentro e fóra de Portugal. É programadora dos Cacharoletes de Contos – noites de contos regulares en Lisboa e organiza, xuntamente cos Contabandistas, o Terra Incógnita – Festival Internacional de Contos de Lisboa.
Xunto con Gonçalo Oliveira e Contabandistas, organizou tres edicións do Estória, História – encontro de contadores, lareiras e sabores, festival en contexto rural que foi unha referencia en Portugal. Trae na súa bagaxe historias de moitos lugares e tempos, contos tradicionais e de autor, cantigas, historias de familia, casos, que lle gustan moito e que mestura nos contos que conta.

Navegar é preciso…
“Meus contos são de ir e vir, navegam entre Brasil e Portugal, entre o Nordeste brasileiro onde estão as minhas raízes, o Rio de Janeiro, onde vivi tantas e boas histórias e estas terras lusitanas onde me fiz narradora. Tantas formas de contar em português…”