Quen vai estar?

Fátima Fernández

Nacín nun pequeno pobo da costa galega, o meu primeiro recordo é o son do mar mesturado ca voz do meu avó; o bater das olas e as historias que me contaba sumerxironme nun mundo de fantasía do que espertei para abanear o meu fillo cos meus contos, así que case sen darme conta un día vinme contacontos.
Pero ademais de contar, sigo deixando que me conten historias, actualmente dirixo un centro de día, nos meus usuarios mestúranse o neno e o vello, a inocencia e a sabedoría; a eles tamén lles conto e eles cóntanme a mín; pechando así o circulo, dos contos de nunca acabar….