Quen vai estar?

Fátima Villamel

As historias estiveron dende sempre rebulindo polas miñas orellas ata que os ventos alisios dunha pequena illa no medio do Atlántico leváronas ata a miña gorxa, traguei, fixen unha longa dixestión e botei unha boa sesta. Espertei de novo en Galicia, espreguiceime e din de fuciños co CIOV (Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo). Alí comecei a fiar palabras e a tecer contos coas máis xenerosas das teceláns, Ana Carreira, Paula Carballeira e Raquel Queizás axudáronme a urdir e tramar, a destecer os contos para volver a tecelos. E nesas sigo, aprendendo.

MIRA!
Os contos non só se pasean polas nosas orellas e pola lingua, tamén se atopan nos ollos, no peito, na cintura, nos pés…   Agora os contos saltaron tamén ás miñas mans, porque hai tantas formas de contar coma de escoitar. Os contos son de tod@s e para tod@s. Mira!