Quen vai estar?

Laura Escuela

Laura Escuela é narradora oral e vive en Tenerife, terra de atlántico, barrancos e altura. De formación é Mestra en Educación Infantil e Licenciada en Psicopedagoxía. Conta cun Mestrado en Promoción e Animación Lectoras pola Universidad de Castilla La Mancha e complementa a súa formación con estudos de piano e solfexo. Traballa desde hai máis de dez anos arredor do mundo da literatura infantil, a música e a discapacidade.
Conta contos desde o ano 2008 e ten traballado en numerosos festivais de contos das illas, como o Festival Internacional del Cuento de Los Silos (2008-2015), Festival Verano de Cuento de El Sauzal (2009, 2013, 2014, 2016), La noche de los cuentos de La Laguna (2013, 2017), Festival Palabras al Vuelo (Lanzarote, 2014), así como no circuíto Insular de Narración Oral de Gran Canaria (2010, 2017) e, na península,no Festival Riu de Contes (2011) e o Maratón de Cuentos de Guadalajara (2016)
Adoita contar en escolas, centros infantís, bibliotecas, teatros, centros culturais e aqueles lugares nos que o conto atopa o seu sitio. Durante os últimos anos ten levado a cabo proxectos pioneiros de sesións de Bebecontos en Bibliotecas de Canarias.

 

Del norte vengo (Do norte veño)
Del norte vengo é unha sesión de contos que veñen do norte, máis concretamente de Escocia e do resto do Reino Unido. Son historias que veñen do frío atlántico norte, dos encontros diante do lume, das vidas de tantos que souberon vivir para contalo.

Casas de luz
Na costa unha luz ilumina o mar. É unha casa de luz, un faro no que vive un fareiro. Esta é unha sesión de historias imposibles, enigmáticas e marabillosas en torno a estas torres que alumean a noite e o camiño.

Bebecontos
Sesións de contos, poemas e cancións utilizando instrumentos musicais (ukelele, campás e instrumentos de pequena percusión), obxectos e libros.

¡Qué animalada!
Contos tradicionais e álbums ilustrados nos que os animais e as súas peripecias teñen o protagonismo. Unha sesión dinámica e participativa acompañada de algúns instrumentos musicais.