Quen vai estar?

María da Pontragha

É educadora e dende sempre mantivo un vínculo moi forte coa tradición oral, tanto a través da música coma da palabra en sí. No 2009 comezou a súa andaina no mundo das contacontos tanto para infantil e xuvenil, coma para adultos.

Participou en diferentes Xornadas de Oralidade, no Museo do Povo Galego e na Universidade de Deusto e de Vitoria; tamén desenvolveu a súa labor en bibliotecas, participou no Salón do Libro de Pontevedra, no Verbum,  centros de ensino, festas, locais sociais… Estivo en Atlántica no 2013 e dende aquela todo o mundo pide que volva e aquí está.

 

Todo che son penas no mundo
Historias de mortais, da xente que vai así, arrastrando a vida, porque as calamidades sempre son dignas de contar e as penas lévanse mellor se son contadas e compartidas.