Quen vai estar?

Marian Colina

Fun moi fervello. Como moitos, saín de Madrid nos anos 90 coa escusa do inglés, pero o certo é que marchei para me espelir. Porque medrei ensimesmada entre libros e debuxos, e era moi tímida e de pouco falar. Quería saír ao mundo e esgaduñarme, coa vida. Durante anos andei por varios países de Europa, América Latina e as Antillas Menores, desempeñando varios oficios. Asemade estudei antropoloxía, namoreime, partín a crisma e resucitei varias veces. Ata que un día me detiven a mirar cara a atrás e descubrín que todo o que levaba feito na miña vida era escoitar historias, presenciar historias, vivir historias… e que entre as historias que levaba na maleta non estaban as da miña propia familia. Por iso no ano 2014 volvín para Madrid, a contrapelo dos que emigraban na crise, en busca das historias de meus pais e avós. Tamén empecei a formarme con varias mestras e mestres da arte oral. Gústame sobre todo contar historias reais que teño escoitado de boca da xente. É a miña maneira de lembralos e agradecer a pegada que deixaron na miña vida.

Viaxes de ida, viaxes de volta | adolescentes
De xente de auga e de terra, fuxidas e retornos xente que se vai e xente que queda.