Quen vai estar?

Noelia Carioca

Carioca conta contos pola mesma razón pola que o ceo énchese de nubes por día e pola noite papa estrelas. Se os contos non existiran, pasaría a vida facendo burbullas de xabón recollendo graos de area perdidos nas rúas e deixando bicos para que alguén os atope e os agasalle.
Carioca é amiga das palabras, e elas cóntanlle segredos. Pero os segredos non nacen para vivir agochados, así que ela xuntou montañas de historias, fíxose traxes de mil cores, e ven a contarnos baixiño. Baixiño porque cando alguén berra, a señora Lúa sufre dor de cabeza.
Os contos de carioca son para nenos e nenas de todas as idades. Nenos e nenas de corpo, e tamén de corazón.
“Estudei pedagoxía, e andei por aí exercendo a miña carreira. Descubrín o poder da palabra, as caras dos nenos iluminadas por un sorriso e mudei de oficio: hoxe son cociñeira de historias e aderézoas con ilusión e alegría.
Levo os meus contos a colexios, bibliotecas, prazas e garderías. Viaxo moito, con maletas cargadas de obxectos que se transforman no máis insospeitado, con cancións e ladaíñas populares, con camisetas de cores que eu mesma deseño.”

 

Cuentos y cometas (Contos e papaventos) | 50 min | Público familiar
É un espectáculo de contos con apoio de bonecos, obxectos e instrumentos musicais que desfilarán ante un animalario para voarmos alto, alto coa imaxinación coma as cometas. Un universo de animais, poetas, de palabras bulideiras de poesía visual e de ritmos para xogar. Un espectáculo para rir, soñar e divertirse cheo de sorpresas.

Animaladas
É un espectáculo de contos con apoio de bonecos e obxectos. Un dado con caras de animais e un espello máxico para descubrir historias emocionantes. Un neno que non pode durmir e conta ovellas coas que vivirá grandes aventuras. Un porquiño que quere ser outra cousa e imita a outros animais. Unha ratiña que prepara un disfraz especial. E moitas cousas máis que descubrirás.

Cuentos de ayer y de ahora (Contos de onte e de hoxe)
Narración con apoio de obxectos e instrumentos musicais. Tres historias populares: “Las habas mágicas” (As fabas máxicas), “El pollo Pelao” (O polo Pelao) e “Tío Lobo” (Tío Lobo) unidas cun fío condutor fresco e divertido. No primeiro conto, Julián (Xián) é un neno pobre que descubrirá unhas fabas máxicas que se converten nunha planta que o conducirá a un castelo. Alí enfrontarase ao xigante Patadón vivindo moitas aventuras. A continuación, o polo Pelao atopa un saquiño cheo de moedas de ouro que lle levará ao rei e polo camiño, superará situacións divertidas. Para rematar, Carmela é unha nena larpeira e mentireira que levará un susto de morte. Un espectáculo de contos para rir, con un toque de misterio e algún que outro susto.