Quen vai estar?

Nono Granero

Nono Granero é narrador, ilustrador, titiriteiro e escritor. Licenciado en Belas Artes, pronto orientou eses estudos para relacionalos coa creación de historias e contos, tanto para adultos como para público infantil. Ten publicado obras en España, Francia e Dinamarca. Dous dos seus libros están incluídos na lista The White Ravens que elabora a Biblioteca Internacional da Xuventude de Múnich.
No campo específico da ilustración, ten asistido ás tres últimas xornadas internacionais de Ilustración no marco de Ilustratour, en Valladolid, así como aos obradoiros “El camino hacia un nuevo libro interno”, impartido por Dorte Karrebaek e Ole Dalgaard, en 2011 e “Ejercicios de Estilo”, impartido por Isidro Ferrer en 2012.
No eido da narración oral, Nono Granero comezou a súa actividade no ano 2000, da man da asociación Malión, coa que segue colaborando na organización do Festival de Contos “En Úbeda se cuenta…” que xa vai pola súa XVIII edición.
Formouse nos seus comezos con talleres a cargo de Juan Ignacio Pérez Palomares, Antonio Rodríguez Almodóvar ou Maricuela, á parte de con interminables charlas con outra chea de narradores. Dende aquela ten viaxado e contado pola península e fóra dela en bibliotecas, Feiras do Libros, Festivais de narración (como o Alcalá Cuenta de Alcalá de Henares, o De Cuento en Cuento de Algeciras, La Noche de los Cuentos de La Laguna, ou o ETNOSUR de Alcalá la Real), colexios, librerías, museos (no Arqueológico de Úbeda, son xa dez anos), teatros, televisión (no programa “La Banda”, de Canal Sur), na radio ou en bares, e en calquera lugar no que teña habido persoas dispostas a escoitar historias.
Colabora habitualmente con programas de Narración e de Animación á Lectura promovidos polo Centro Andaluz de las Letras desde o ano 2002 ata hoxe. Ten impartido cursos sobre Narración e Monicreques e tamén sobre Álbum Ilustrado en diferentes Centros de Profesores de Andalucía e na Universidade.
Constrúe e imparte tamén obradoiros de monicreques, (estudou con Pepe Ruiz, con Michael Meschke, con Massimo Schuster e con Claudio Hochmann) e ten unha compañía de monicreques (“Los títeres del Asombrajo”, cos que mantén tres obras, de momento (Juan “el Oso”, Manú, el chico que fue a buscar al Viento Norte e El Destino de Nícolo).

 

Los cuentos del Asombrajo (Os contos do Asombrajo)
Espectáculo de Narración Oral no que Nono conta historias apoiando a súa memoria nos obxectos que lle trouxo un paxaro viaxeiro, o “Asombrajo”, cando era pequeno e que garda desde aquela nun libro que non é tal.
Grazas a eses obxectos, poderemos saber como naceron as estrelas, que relación había entre Lala e Lili e outra morea de historias que viñeron ata nós ben da man de autores coñecidos, ben desde as bocas de narradores anónimos.
Blanco sobre blanco” (Branco sobre branco)
Non sempre as historias se gardaron nos libros, escritas en negro sobre branco, para poder seren contadas. Houbo un tempo no que Nono tivo que aprender a escribilas no aire, a base de palabras e tintas invisibles. E en branco sobre branco recreou contos tradicionais, sucesións con debuxos e historias inventadas. Así pode compartilas hoxe… Contos populares ou de autor danse así a man nunha sesión de narración oral na que se combina a palabra co xesto, coa música, e mesmo co trazo.

Del cielo bajan cuentos… (Do ceo baixan contos)
Antes de que o mundo fose tal e como o coñecemos hoxe, xa se tecían historias no tapiz do Ceo. Relatos sinxelos, míticos, ou simplemente sorprendentes, que poderemos encontrar mirando cara á arriba, en noites cheas de estrelas, cos ollos limpos dun ceo sen nubes.

La historia extravagante de Hipo & Gavante | Suite sinfónica con narrador
[Participa a Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela coa dirección de Casiano Mouriño]
Composta por Cristóbal López Gándara no ano 2014 sobre o conto de Nono Granero do mesmo título, esta obra narra as peripecias dun Hipopótamo que, cansado de vivir na mesma codia do río, decide tomarse unhas vacacións no mar para mudar de aires. Logo de chegar á praia, atópase con Gavante, un lumbrigante tímido ao que lle gusta moito o café que vive na beira. Ámbolos dous deciden facerse amigos. Pero a amizade, ás veces, debe ser capaz pasar por algunhas dificultades…