Quen vai estar?

Raquel Queizás

Raquel Queizás é licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela (1998). Cursou estudos de Artes Escénicas (interpretación, clown, improvisación, expresión corporal, bufón, commedia dell’arte, danza teatro, mimo, voz e canto, acrobacia, manipulación e fabricación de títeres,etc.) en diferentes centros ou encontros de formación
Cunha traxectoria de mais de 10 anos adicada a narración oral profesional, manten en cartel casi unha ducia de espectáculos de contos, de diferentes temas e adaptados a diversas idades, dende bebés ata adultos.

Os nanocontos | espectáculo de 0 a 3 anos
Para os nosos amigos, os animais, cada día é unha nova aventura chea de cousas que aprender, mentres xogan coas cores, as formas e a música. Porque cando se é tan pequeno até as cousas más sinxelas se converten en todo un reto. Os meniños reinventan o mundo cunha mirada que o ve todo pola primeira vez, abraiándose a cada paso, mentres aprenden novos nomes para os obxectos que acaban de descubrir.
Un espectáculo que estimula as habilidades de percepción espacial e psicomotricidade dos bebés a través de pequenas historias adaptadas para captar o seu interese e cunha duración apropiada á súa capacidade de atención.