Quen vai estar?

Tâmara Becerra

Narradora oral, garimpeira de palabras e autora. Graduada Social e especializada en Arte-Educación no Brasil, posúe un mestrado en Educación Intercultural pola Universidade de Lisboa, con investigación en contos de tradición do deserto brasileiro.
Ten unha longa traxectoria nas narrativas literarias dentro e fóra do Brasil, baixo unha forte influencia da poética da tradición oral. Tamén actúa como buscadora de contos populares e formadora de narradores e mediadores de lectura. É membro do Grupo de Estudos, Pesquisas e Partilhas con Narrativas Costureiras de Histórias. Alén de títulos infantís, ten publicacións nas áreas lúdicas, narración de historias e mediación de lectura.

 

Bichos brasileiros (Bechos brasileiros) | 50 minutos | Nenos (3 a 7 anos) e familias
Sesión de contos brasileiros da tradición oral, na que o aspecto lúdico envolve cada unha das historias, levando os oíntes a coñecer interesantes animais da fauna brasileira nun paseo polas paisaxes narrativas do Brasil .

Mulheres que ensaboam palavras (Mulleres que enxaboan palabras) | 50 min | Adolescentes e adultos
Sesión con contos recollidos á beira de ríos no deserto brasileiro. A narradora presenta historias que xenerosamente compartiron con ela lavadeiras de roupas, que contan historias e cantan cancións para enganar a ira do sol. Esas mulleres que enxaboan palabras son verdadeiras gardiás do imaxinario popular.

Toda mulher tem a cabeça cheia de histórias (Toda muller ten a cabeza chea de historias) | 45 min | nenos (6-10 anos) e familias
Sesión de historias que inclúe tanto contos da tradición como contos de autor. En todos os enredos aparece a figura forte dunha narradora de historias como personaxe e unha matriz tradicional presenta a fortaleza da oralidade.