Quen vai estar?

Victoria Gullón

Naceu na Pobra de Sanabria (Zamora). Contadora de historias e cantadora de romances, herdanza da súa avoa María, pastora na Serra da Culebra, a quen escoitou moitas veces cando era pequecha ao redor da lareira no inverno, e no verán no “serano” como chaman pola súa zona as tertulias noitaregas.
A columna vertebral do seu trabalo son os contos de tradición oral algúns recollidos por ela e outros do romanceiro, esa fonte da que tantos autores beben: Gustavo A. Bécquer, Federico G. Lorca, Isabel Escudero, Antonio Machado, Gloria Fuertes, Juan Ramón Jiménez, Agustín García Calvo, León Felipe, Miguel de Cervantes, etc.
Victoria presenta os romances nunha mestura de narración, sucedido, recitado e canto que segundo a natureza da historia e do público vai mudando. Para potenciar máis a súa “natural” habilidade, ten feito cursos de narración oral, expresión corporal, clown, ortofonía e dicción, teatro sensorial e canto.
Dende o ano 93, a súa gracia e picardía percorre o territorio español e suramericano. Victoria Gullón é un referente mundial, unha das grandes voces da narración oral. Con ela, buscaremos na memoria cousas que pensamos esquecidas, e que ela saca de nós como se estiveran agardando no forno a chegada da súa maxia para ser o pan tépedo na boca.